A doenza invisible

As persoas enfermas de fibromialxia sofren de dor física e psicolóxica. O corpo doe e ninguén te comprende.
18 de Xaneiro, 2019 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

As persoas enfermas de fibromialxia non saben como explicar o que lles pasa, nen antes nen despois do diagnóstico, tal é a dificultade desta enfermidade que ten o seu dia o 12 de maio.

ESCOITA O PODCAST:

Chámanlle “a doenza invisible” porque non é evidente a simple vista. Ás persoas que a padecen resúltalles moi difícil explicar o que lles pasa porque non se pode concretar. Os que te rodean non comprenden nada. Os médicos teñen dificultades para diagnosticala. A investigación é escasa e iso fai perder a esperanza. A dor é insoportable e en consecuencia a fibromialxia é incapacitante.

Para falarmos dela convocamos á presidenta da Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Bibiana Pérez Rodríguez e a Mercedes Aller Couceiro, as dúas afectadas por esta doenza. Por elas sabemos que está diagnosticado un 2,8% da poboación galega, a maioría mulleres. Falamos de como se senten, de como as ven os demais, de como se coidan e de moitas cousas mais nesta entrevista e coa vista posta no 12 de maio Día da Fibromialxia. Máis investigación e o apoio das administracións son as demandas coas que nos quedamos. Queremos poder afirmar que “Da fibromialxia pódese saír”

Sociedade

Publica o teu comentario agora