Dominio claro

Dominio claro
22 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Goleou o Perlío na Coruña na Segunda División Galega de fútbol feminino. Atlético dos Castros 1-6 Perlío marcador do partido xogado o domingo no campo de Elviña. En Radio Fene analizamos o partido co adestrador, Carlos Carballo, Vinky

ESCOITA O PODCAST:

Vitoria avultada esta fin de semana fronte a un rival que está no furgón de cola e escaso de efectivos. O Perlío dominou de principio a fin, nun partido no que se estreou Adriana. Cumpriu 13 anos o venres e celebrouno marcando un gol no seu debut. O adestrador, Carlos Carballo, Vinky, alégrase da vitoria. Celebra tamén contar con unha incorporación máis e que todas as dianteiras viron portería. “Dominamos de principio a fin, o resultado dio todo, elas tiñan moitas baixas”. “Vitoria importante para que as xogadoras teñan confianza, aínda que o ánimo estaba ben porque perdemos algúns partidos pero estaban xogando ben”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora