Dores Torrado “Castelao é un referente do nacionalismo galego, un home adiantado ao seu tempo“

Dores Torrado “Castelao é un referente do nacionalismo galego, un home adiantado ao seu tempo“

07 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O BNG rende homenaxe a Castelao no seu 60 cabodano. Os nacionalistas tributan e homanexean a esta figura, buque insignia do nacionalismo galego, no seu pobo natal, Rianxo. Ás 12 do mediodía comeza o acto político na Praza Maior da localidade no que intervirán a voceiro do grupo municipal do BNG, Adelina Ces e o portavoz nacional, Guillerme Vázquez. Levarase a cabo unha ofrenda floral perante o busto de Castelao, no Paseo da Ribeira.

A Responsable Comarcal do BNG da Barbanza, Dores Torrado, explicou esta mañá en Radiofusión que se trata dunha homenaxe merecida a un home e a unha figura adiantada ao seu tempo. A un intelectual que transmitiu unha mensaxe a prol do nacionalismo galego, nunha época na que esta cuestión era tema tabú. Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, reseñou Torrado, traballou para o pobo galego sempre desde o concepto de nación convertíndose nun referente para o nacionalismo galego.

O acto institucional tamén supón o arranque do ano político para a formación nacionalista tras as datas de nadal.”É o momento de marcarnos os obxectivos políticos deste 2010”, sinalou . 

Institucional