ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os centros de Formación Profesional de Fene e o Rodolfo Ucha de Ferrol son dous dos oito centros galegos que participan na 9ª feira internacional de empresas simuladas, que se celebra en Barcelona dende hoxe ate o vindeiro venres.
O certame, que se celebra cada dous anos, forma parte do programa FP SIMULA, dirixido ao alumnado de formación profesional. Nel, os representantes galegos - oito centros e 26 alumnos e alumnas acompañados polos seus respectivos profesores- deben expoñer as empresas virtuais creadas e xestionadas en Galicia, a través de FP SIMULA.
A expedición galega amosará estes días na cidade condal distintos proxectos, centrados en múltiples actividades económicas tales como téxtil, informática e comunicación, hostalaría, distribución, imaxe, ou turismo, entre outras. En concreto, o Centro Integrado de Fene presentará "VyS Fene S.L.S", unha empresa de venda e servizos informáticos a empresas. Tamén da comarca, o Centro Integrado Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol leva a esta feira a súa empresa simulada "Mobles Ucha S.L.S."