Dous grupos e dúas fases

Dous grupos e dúas fases
11 de Agosto, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío e Maniños competirán nun grupo de once equipos da Primeira Galicia de fútbol. Haberá unha primeira fase a doble partido.

ESCOITA O PODCAST:
Alfredo Fernández en Radio Fene

Competirán os oito equipos de Ferrolterra, o Sporting Sada, o Cambre e o Brexo Lema, pero podería caer do grupo un deses equipos da zona da Coruña. Clasificaríanse algúns equipos que xogarían na segunda fase da liga polo ascenso á preferente. Iso está confirmado. Vai haber un grupo de once e un grupo de dez, segundo o directivo do Cultural Maniños Alfredo Fernández.

O porteiro Carlos, Raul Albela, Iago Seijo e Pelé son altas que veñen reforzar o equipo do Pote. Incorporan tamén a Óscar Amigo, o fillo do mítico xogador do Depor Juanito.

A delegación de Ferrolterra da Federación Galega de Fútbol ven de suspender as finais de Copa que en principio se ian disputar en setembro. A Federación e a Consellería de Sanidade deben establecer un protocolo sanitario para os partidos. A dia de hoxe non se permiten nen partidos nen adestramentos de contacto.

Deportes

Publica o teu comentario agora