Dous incendios en poucas horas na Coruña

Dous incendios en poucas horas na Coruña

12 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un incendio desatouse esta mañá no edificio situado na rúa Tinajas,1 na cidade vella da Coruña. 4 camíóns de bombeiros acudiron á zona e desaloxaron aos residentes das vivendas colindantes. Non se rexistraron feridos de importancia ainda que 1 persoa foi trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña tras ter respirado moito fume.Outro lume tamén se produciu esta mesma mañá na rúa da Estrela.

O lume orixinouse arredor das 7 da mañá nun ático habitado desa edificación. Un cigarrillo mal apagado puido causar as lapas, segundo as primeiras hipoteses. Os bombeiros recibiron o aviso ás 7,29 minutos e ao chegar ao lugar comprobaron a existencia de lapas e os tellados practicamente destrozados en 2 áticos. Desaloxaron os edificios da zona e actuaron ata apagar o lume dende a rúas Tinajas e San Francisco, as dúas nas inmediacións do xardín de San Carlos da cidade herculina.

 

As once e cuarto da mañá orixinouse outro incendio no número 16 na rúa da Estrela, tamén na cidade herculina. Segundo os primeiros datos que facilitaron os bombeiros da Coruña o lume afecta a un quinto piso e no lugar dos feitos atópanse tres dotacións do servizo de extinción. Non se produciron danos persoais e os veciños do inmoble saíron polo seu propio pé ao ver o fume.

Sociedade