Dous locais de Compostela expedientados pola venda de alcohol a menores

Dous locais de Compostela expedientados pola venda de alcohol a menores

26 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Funcionarios pertencentes á Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma (UPA) de Galicia veñen de informar da proposta de sanción a dous locais de Santiago, pola venda de alcol a menores durante a pasada fin de semana. Estes establecementos de Hostalería foron sorprendidos vendendo e permitindo o consumo de bebidas alcohólicas de alta graduación, concretamente ron e whisky, a tres menores de idade, polo que membros da UPA

O pasado venres, 21 de xaneiro, o grupo de menores da UPA estableceu un operativo en distintos bares, pubs, discotecas e zonas de ocio con maior afluencia de menores na cidade de Santiago de Compostela. 

No operativo, no que se controlaron numerosos establecementos, comprobouse que tamén, en moitos deles, séguense ás recomendacións dadas dende Asociación de Hostalería, onde se informa da obrigatoriedade de solicitar o Documento Nacional de Identidade (DNI) aos posibles menores que soliciten bebidas con graduación alcohólica, e non servilas aos que non alcancen a maioría de idade.

Sociedade