Dous ximnasios pechan cada día en Galicia

Dous ximnasios pechan cada día en Galicia

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dous ximnasios pechan cada día en Galicia, segundo cifras da federación que agrupa aos empresarios do sector. A causa, segundo denuncian os implicados, non se atopa tanto na actual crise económica, da que non son alleos, senón na competencia desleal que aseguran sufrir. Así, denuncian que as instalacións públicas e o tecido asociativo ofrecen actividades deportivas a prezos máis baixos, pero que estes servizos non contan nin co mínimo de profesi

Por cada instalación municipal que se crea, desaparecen entre 6 e 8 ximnasios privados”, asegurou en Radiofusión o presidente da Federación Galega de Empresarios do sector, Eduardo Méndez. Á pregunta de se as administracións públicas deben fomentar a actividade física como fonte de saúde, Méndez argumenta que teñen que facelo respectando a “igualdade de condicións”. Segundo os seus datos, nas instalacións deportivas postas en marcha por concellos ou entidades sociais cada traballador atende a unha media de 155 persoas, mentres que na empresa privada cada empregado se encarga de 35 usuarios. Tamén denuncian que os centros sen ánimo de lucro non cumpren coa normativa que se lles esixe aos empresarios. Así as cousas, desde a federación reclaman colaboración entre o sector público e o privado á hora de ofertar propostas que teñan que ver co exercicio físico.

 

Este asunto centrou o II Simposium da Federación Galega de Empresarios de Ximnasios. Nese encontro puxéronse outras reivindicacións sobre a mesa, tales como a creación dun epígrafe fiscal propio ou a regulación dos dereitos de autor que deben pagar estas empresas.

Sociedade