Dr. Robert: “Homenaxe a The Beatles”

Dr. Robert: “Homenaxe a The Beatles”

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mañá xoves o Ciclo “Novas noites” aposta como a semana pasada con “Habitación 92” por unha banda da cidade. Nesta ocasión tócalle a quenda ao grupo ferrolán Dr. Robert que ofrecerán concerto en homenaxe a The Beatles. Unha oportunidade para ver actuar a unha banda da casa e ao mesmo tempo lembrar ao mítico grupo de Liverpool. 

Dr. Robert, nace en Ferrol en agosto de 2008, co obxectivo de divertir e divertirse, facendo versións de The Beatles. O grupo pop fórmanno veteranos de extenso currículum: Manolo Pérez (Batería de Julie Guravich Quarter ou Uco Big Band), Rafa Pereira (ExLimones), Manolo Sueiras, Roberto Dopico (guitarra rímica e voces), José Sanz ( guitarra solista e voces) e Daniel Dopico (voz solista). Amais contan coa colaboración inestimable de Pancho, veterano batería e percusionista do panorama ferrolán. 

A oferta da banda é unha receita de bo rock & roll a un gran nivel interpretativo e co “felling” dos viláns rockeiros. Escoitar a Dr. Robert supón abrir unha fenestra de Liverpool a Ferrol, coa que se perciben as emocións e as boas vibracións que aínda perduran dos Beatles tras case medio século de historia. 

O Concerto de Dr. Robert “Homenaxe a The Beatles” terá lugar na Capela do Centro Torrente Ballester mañá xoves 12 de novembro ás dez da noite. O prezo da entrada ascende a 5 euros. O bono para cinco funcións é de 15 euros.  

Sociedade