Dramaturgas galegas

As mulleres destacaron este ano na escrita de textos teatrais
03 de Decembro, 2018 - 09:04 h. | Publicada por Radio Fene

Culturgal acolleu a entrega dos premios da Agadic, Álvaro Cunqueiro e Manuel María, a Avelina Pérez e Paula Carballeira.

Culturgal, a feira das industria culturais que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra, foi onte escenario do acto de entrega dos premios literarios convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. No caso do XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a gañadora foi AveLina Pérez coa obra Ás oito da tarde, cando morren as nais, mentres que o X Manuel María de literatura dramática infantil recaeu na fenesa Paula Carballeira por Somos monstros. O director de Agadic, Jacobo Sutil, entregou os galardóns, dotados con 6.000 euros, xunto a Laura Tato, presidenta do xurado deste ano, que deu a coñecer o seu ditame o pasado 14 de novembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora