Dublín: non hai billetes.

Dublín: non hai billetes.

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As duas profesoras e os 17 alumnos do colexio O Feal de Narón achegaronse esta mañán á Embaixada de España en Irlanda para ver se podía obter algún apoio diplomático para volver a casa, pero semella que non houbo fortuna. O aeroporto en Dublín continúa pechado e a única solución posible para o grupo sería sair en ferry ao Reino Unido e dalí a Francia. Intentáronno pero foi imposible conseguir billetes.

A situación dos rapaces, que teñen entre 12 e 15 anos, é boa. Permanecen aloxados nun hotel do centro de Dublín, o que xa lles facilita disfrutar mellor do involutario tempo libre. Esta mesma mañán visitaron un museu e pola tarde dispúñanse a xogar un partido de footbol nun parque público.

Segundo a profesora, Alba Alonso, teñen que compaxinar actividades de pago con outras gratuitas e estirar ao máximo o diñeiro. O centro escolar co apoio do concello corre cos gastos de aloxamento e manutención dos dias que deben permanecer en Dublín polo peche dos aeroportos a causa da nube volcánica que continua ocupando boa parte do ceo europeo.

Sociedade