Duplex Cinema. Pasen e vexan

O Duplex Cinema inaugura hoxe coa preestrea de "O que arde" de Oliver Laxe
10 de Outubro, 2019 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Duplex Cinema ten nova cara, será máis cómodo, tan barato e ofrecerá calidade. O novo xerente, Ramiro Ledo, gosta de falar dun cinema de proximidade.

ESCOITA O PODCAST:

As salas Duplex de Ferrol reabren hoxe as suas portas cunha dirección renovada, a mesma que os Numax de Santiago. Coas salas pintadas e liberadas de butacas que estaban de máis, adaptadas a persoas con mobilidade reducida, aire e calefacción novos, con máis luz e unha recepción acolledora, inaugurase esta tarde para ofrecernos nesta xornada especial, a preestrea de “O que arde” de Oliver Laxe ás 19,20h. E á mesma hora a última de José Luís Garci; El crak cero. Tamén tres pases únicos: "Os anos máis fermosos dunha vida", "Aute Retrato" ás 17,30h. Ás 21,00h "Até sempre, meu fillo" de Wang Xiaoshuai e ás 22,30; Amazing Grace, sobre Areta Franklin, de Allan Elliot e Sydney Pollack.

O novo xerente de Duplex cinema de Ferrol, Ramiro Ledo, defendeu esta mañá en roda de prensa que unha cidade como Ferrol non pode quedar sen cine, daí esta nova aventura empresarial. A política do Duplex Cinema será moi similar á de antes pero con novidades e prezos moi competitivos. Nunca competirá o Duplex con outras salas nin estas co cine de proximidade, en palabras de Ledo.O Duplex cinema terá máis funcións diarias e de fín de semana, maís cine en V.O., prezos asequibles, abonos anuais de 20 ou 35 euros con entradas a 4 euros ou descontos especiais e entradas de regalo. Contemplan tamén abonos para agasallar.

Cultura

Publica o teu comentario agora