E eu con estes pelos

E eu con estes pelos
21 de Abril, 2020 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

Eva Puentes de "As tesoiras de Eva"  concorda co peche das perruquerías decretado nos primeiros dias da crise e prepárase para a volta que, agarda, sexa a mediados de maio cando acabe o confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

Ao principio da alarma sanitaria as perruquerías abríron as súas portas pero aos dous días decretouse o seu peche. A perruqueira fenesa Eva Puentes opina que o lóxico era pechar porque "traballamos cara ao público e o público está confinado na casa". Eva ten a perruquería especializada en homes “As tesoiras de Eva” na avenida Marqués de Figueroa de Fene. Confesanos que prefire non facer contas ata fínal de ano que é cando se fan os balances. Califica de limitadas as axudas que recibe como autónoma pero recoñece que polo menos incluíron a este colectivo para percibir o paro, e algo é algo. “Polo menos axuda a pagar os gastos pero, se non tivesemos algún peto feito, mal íamos” afirma resignada.

Eva prepárase para a volta ao traballo, agardando que sexa cando remate a próxima ampliación do confinamento a mediados de maio. Ese é o seu desexo e por iso se prepara comprando, como pode, márcaras e pantallas que lle dean seguridade pero está aresultar difícil, afirma, porque “temos que seguir protexéndonos ata que isto acabe de todo”. Todo o mundo bromea nas redes sociais cos cortes de pelo e os tintes, e fálase de avalanchas nas perruquerías cando abran. Eva amósase cáuta porque explica que non sabe canta xente vai vir, ao mellor xa solucionou o seu problema co pelo, quen sabe. De todas maneiras ten a axenda preparada.

Mentres, despois da primeira semana dramática e despois de asumir a nova situación, Eva Puentes aproveita o tempo libre para leer moito, ver algunha película polas noites e comprobar que os seus están ben porque "iso é o importante".

(Imaxe do arquivo de Radio Fene do 13 aniversario da perruquería As Tesoiras de Eva. Eva Puentes é a primeira pola esquerda)

Sociedade

Publica o teu comentario agora