E veña viño, en Xuviño

E veña viño, en Xuviño

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Feira do Viño "Xuviño" inaugurase as cinco e media desta tarde de venres nas beiras do rio Xubia. Os Concellos de Narón e Neda organizan conxuntamente o evento que se prolongará durante toda a fin de semana.

A Feira do Viño permanecerá aberta esta tarde, mañá sábado e o domingo. Exaltaránse os pementos do Couto, porco celta e tenreira galega. Un total de 16 postos de distintas denominacións de orixe abren ao público nas ribeiras do Xubia. Poderá ademais gozarse de música en vivo. O vinateiro da Rioja Luis Valentín pronunciará ás cinco e media desta tarde a charla inaugural.

Churrasco, pementos do Couto, paella, tenreira, cociñaranse paralelamente para ir picando ao tempo que se proban os caldos, e para que non se suban á cabeza, segundo a Concelleira de Cultura de Neda, Maribel Fernández, quen explica como debemos movernos pola feira. O primeiro é facerse cunha copa por 5€ e con ela probar todos os caldos dos que sexamos capaces.

Unha gardería para os nenos e nenas máis pequenos e musica son complementos de Xuviño, que abrirá ao público, tanto o sabado como o domingo, ás 12 do mediodía e ás 5 da tarde. O lugar, o paseo marítimo de Xubia, Neda e Narón.

Sociedade