A EDAR do sur da ría de Ferrol marcha a bo ritmo

A EDAR do sur da ría de Ferrol marcha a bo ritmo

19 de Marzo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nove empresas optan a facerse coa xestión e mantemento dos bombeos da EDAR do sur da Ŕía de Ferrol, ubicada en Punta Avarenta, no concello de Ares. Os cocnellos de Ares, Mugardos e Fene veñen deunificar e escriturar as fincas onde se construíu. Todo marcha a bo ritmo e probablemente no verán entre en funcionamento.

Podemos asegurar que este verán a zona sur da ría de Ferrol poderá contar co ansiado saneamento porque as cousas marchan ben, cun pequeno retraso sobre os prazos previstos por culpa dos moitos pasos administrativos e papeleos que conleva o proceso. Os concellos de Ares, Mugardos e Fene deron un paso máis. Veñen de firmar ante notario a agrupación de fincas onde se construíu a depuradora, en Punta Avarenta no concello de Ares.

Eran máis de 30 fincas as fincas que se necesitaron para ubicar a EDAR e agora pasan a ser unha única finca. O paso seguinte é rexistrala no Rexistro da propiedade. Paralelamente estáse a licitar a xestión e mantenemento dos bombeos á que se presentaron 9 empresas, segundo declarou o alcalde de Fene, Gumersindo Galego.

Fene e Mugardos deben apurar agora a aprobación dos orzamentos municipais do 2013 porque aí deberán rexistrar o investimento para o saneamento. No caso de Fene o gasto neste cometido ascende a 150.000 euros.

Sociedade