Edelmiro López: “Son as condicións meteorolóxicas”

Edelmiro López: “Son as condicións meteorolóxicas”

23 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Os estudos existentes, tanto para Galiza como para Portugal, mostran que o número diario de incendios está estreitamente correlacionado coas condicións meteorolóxicas. Polo tanto, dadas as condicións que se deron o 14 e o 15 de outubro, as cifras de máis de 80 lumes diarios non son sorprendentes e deberían ter sido previstas polos responsables do dispositivo” afirma o profesor da Universidade de Santiago Edelmiro López Iglesias.

“Galiza ven sufrindo desde hai polo menos 40 anos un grave problema cos incendios forestais” afirma o experto que ven de traballar en Portugal para implementar políticas que leven a solucionar a gravísima sucesión de vagas incendiarias nos montes do veciño pais” manifesta nunha entrevista publicada no número 246 da revista Tempos Novos (novembro 2017)

Sociedade