Edicións Barbantesa dá unha oportunidade ás literaturas “recuadas e periféricas”

Edicións Barbantesa dá unha oportunidade ás literaturas “recuadas e periféricas”

12 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A “mantis relixiosa” serve de logotipo e para darlle nome a un novo proxecto editorial que vén de ver a luz neste 2010. Edicións Barbantesa, con sede en Cangas, está comandado por Penélope Pedreira, cofundadora de Rinoceronte Editora. O obxectivo é ofrecer aos lectores propostas literarias que non aparecen nos catálogos e que normalmente c

“Non partimos dun manifesto nin somos voceiros de ningún grupo, así que non nos pidas disciplina, puntualidade nin maior coherencia que esta do noso propio gusto”, asegura Penélope Pedreira.

Barbantesa comeza a súa andaina con dous poemarios: Con peitos desenchufados de Elías Portela e Pan prós crocodilos do profesor pontevedrés Calros Solla. Tamén publicou xa dúas traducións ao galego de Carson McCullers (A balada do café triste) e Fleur Jaeggy (Os ditosos anos do castigo), e o relato As médulas de Silvia Bardelás.

En xuño Pedreira prevé que se publiquen Poemas de África lonxe de Eduardo Bettercourt e Jorge Arrimar; así como a novela de Berta Dávila A arte do fracaso.

As obras distribuiranse a través das librerías galegas, na páxina web Toupa.net e, no caso de non atopalas, tamén se pode pedir enviando un correo electrónico a info@barbantesa.com. Ademais, tamén ofrecen a posibilidade de subscribirse para enviar cada novo libro que editen, cun desconto do 15% e cos gastos de envío de balde.

Cultura