Edicións do Cumio recupera a cultura do baile en “Zampadanzas do mundo. Danzas á carta”

Edicións do Cumio recupera a cultura do baile en “Zampadanzas do mundo. Danzas á carta”

18 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cun menú de dez coreografías preséntase nas librarías Zampadanzas do mundo. Danzas á carta, un libro-CD publicado por Edicións do Cumio. A obra trasládanos de xeito divertido a historia dun cociñeiro que aprende a bailar viaxando por diferentes países e que nos permite relacionar os

Como o movemento é difícil de explicar, segundo asegurou en Radiofusión Mercedes Prieto, encargáronlle a Serxio Cobos a realización das ilustracións que acompañan os textos nos que se describe cada danza e que comezan cunha pequena introdución que contextualiza o baile. As cancións recóllense nun CD, que ademais contén unha pista de vídeo coas coreografías.

Zampadanzas do mundo. Danzas á carta pretende achegar material didáctico aos profesores de primaria e secundaria, así como a todos os afeccionados ao baile e ás músicas do mundo. Mercedes Prieto quere que a sociedade recupere a súa cultura bailarina, xa que, segundo asegura, non se danza nin nos festexos.

Cultura