A edificación máis señorial de Barallobre

A edificación máis señorial de Barallobre

14 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Fene, a Liga de Amigos de Barallobre e o Concello de Fene ultiman unha exposición sobre o Pazo de Barallobre que se inaugura o mércores da semana que ven, o 22 de outubro nos locais da Sociedade de Barallobre, ás oito da tarde. Alí poderanse ver obxectos do pazo construído no século XVI que sobreviviron ao propio edificio derrubado en 1978. Mobles, vaixelas ou cadros que pertenceron á familia do pazo, reclutados grazas aos museos ou á xener

Jaspe, Márquez, Anido, Moscoso ou Lago son algúns dos apelidos ilustres da familia propietaria do Pazo de Barallobre. Varios habitantes da casa grande, hoxe desaparecida, foron militares que levaron o nome de Barallobre ás máis diversas batallas. A construcción do Pazo de Barallobre data de finais do século XVI. Foi Fernando de Lago e Obaña quen o ergueu en 1591.

Da historia do pazo de Barallobre, destruído en 1978, falará a exposición que inauguran Radio Fene e a Liga de Amigos coa colaboración do Concello de Fene, o próximo mércores 22 de outubro, con motivo do 30 aniversario da emisora municipal.

Outro propietario do Pazo foi Lanzarote de Lago que morreu en 1626. O sobriño do primeiro señor do pazo, o crego Fernando de Lago Bugueiro, fundou a capela do Bon Xesús, inaugurada o 14 de abril de 1648, no lugar do mesmo nome ainda que logo se trasladou para as inmediacións do edificio señorial. A horta do pazo chamaba a atención pola variedade e riqueza. Había moitas árbores exóticas chegadas dende distintas partes do mundo. As abeleiras colgaban sobre o camiño das Chousas. As excavadoras tiraron o pazo de barallobre antes das primeiras eleccións municipais democráticas. Sobrevivíu o escudo dos propietarios e un piñeiro centenario que é a testemuña máis visíble do inmoble.

Boa parte da exposición amosará cadros de Jaspe Moscoso, o pintor romántico que naceu en 1856 e que conta con obra nos museos de Belas Artes da Coruña, no Jovellanos de Xixón e no museo de Pontevedra. O 30 aniversario de Radio Fene é a disculpa para a organización da exposición sobre o pazo de Barallobre que permanecerá alí ata mediados de novembro.

Sociedade