Editase un DVD coa ópera galega O arame

Editase un DVD coa ópera galega O arame

21 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A ópera galega “O arame” publícase en DVD, con subtítulos en tres linguas. Esta obra rompeu 80 anos de silencio do xénero na nosa comunidade. O texto é de Manuel Lourenzo e a música de Juan Durán.

Hai que ter en conta que a primeira ópera galega viu a luz en 1929. Tratábase de “O mariscal”, unha obra con música de Eduardo Rodríguez Losada e letra de Ramón Cabanillas que trataba sobre a vida de Pardo de Cela. Desde entón o baleiro máis absoluto ata que hai uns meses estrouse no Teatro Colón a segunda ópera galega da historia, “O arame”, con texto do dramaturgo, Manuel Lourenzo, e música de Juan Durán.  Trátase dunha peza de cámara, de hora e cuarto de duración, con só dous protagonistas:  a soprano Carmen Durán e o barítono Javier Franco. O argumento e a mensaxe do Arame explicouno para Radiofusión o seu autor, Juan Durán.

Sociedade