Eduard Punset colabora co I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable

Eduard Punset colabora co I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable

20 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable, que organiza a Asociación Inestable (Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes) e no que colabora o Concello de Ordes, contará nesta a súa primeira edición o vindeiro 5 de agosto cunha colaboración moi especial. Trátase dun dos divulgadores científico

Por outra banda, o “I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable” ten xa establecidas as diferentes categorías e as cuantías dos premios que se entregarán con motivo da celebración do concurso de curtas enmarcado dentro de dito festival. Un concurso para o que todavía está aberto o prazo de presentación dos traballos ata o próximo 1 de agosto.

En canto ás categorías nas que se repartirán os premios serán as seguintes:

- MELLOR CURTAMETRAXE, dotado con 600€ e outorgado por un xurado formado por membros da asociación Inestable.

- MELLOR CURTAMETRAXE EN GALEGO, dotado con 200€ e outorgado pola AC trasno.

- PREMIO DO PÚBLICO, no que tódolos asistentes ó festival poderán votar pola curtametraxe que máis lles guste e podendo así premiala cun cheque regalo por valor de 100€ xentileza de ATX informática.

A Casa da Cultura será a que acolla a celebración deste festival o próximo 5 de agosto, acto no que se entregarán os premios do concurso así como se realizará a proxección das curtas e das mellores cintas libres a nivel mundial.

Entrega dos traballos

En canto ao concurso de curtas, poderán concorrer ao mesmo todas as cintas de calquera temática que se licencien baixo unha Creative Commons. A inscrición é totalmente gratuíta e realizarase a través da web do festival (http://cc.inestable.org). O prazo de entrega dos traballos permanecerá aberto ata o próximo 1 de agosto, uns traballos que se deberán dirixir á Oficina de Información Xuvenil de Ordes, situada na planta baixa do Concello (avenida de Alfonso Senra nº 108, C.P.:15680, Ordes), á atención da Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes.

Todos aqueles que estean interesados en recibir máis información acerca do festival poderán consultala na web do festival http://cc.inestable.org, ou solicitala por correo electrónico na dirección cc@inestable.org.

Cultura