A educación de netos e netas

A educación de netos e netas

05 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través do departamento de Educación Familiar, ten previsto celebrar unha nova edición das xornadas “A educación dos/-as netos/-as” que contaron cunha gran acollida na primeira das súas edicións celebrada o pasado mes de xaneiro.

Trátase dunhas xornadas dirixidas a avós e avoas coas que se pretende conciencialos daquelas cousas que deben ter en conta para propiciar unha boa educación dos rapaces, á vez de insistirlles na importancia que ten o seu papel na educación dos pequenos. As xornadas serán impartidas por técnicas do departamento de Educación Familiar do Concello de Ordes.

 

As datas de celebración das sesións serán o mércores 17 e o venres 19 de febreiro en horario de 10:30 a 12 horas no Local Social da Terceira Idade situado na rúa Reconciliación de Ordes. Todos aqueles que estean interesados en participar deben inscribirse chamando ao teléfono 981680002 ou acudindo ao departamento de Educación Familiar do Concello situado na planta baixa da Casa Consistorial. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 16 de febreiro.

Sociedade