Educación destina 255.000 euros para os arranxos dos IES Basanta Silva e Peña Novo de Vilalba

Educación destina 255.000 euros para os arranxos dos IES Basanta Silva e Peña Novo de Vilalba

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O IES Santiago Basanta Silva ampliará a súa biblioteca. Unha achega da Consellería de Educación dea preto de 140.000 euros permitirá que esta instalación sexa mais adecuada e de un mellor servizo aos 622 alumnos do centro vilalbés. O propio conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, fixo este anuncio durante unha visita á capital chairega, na que estivo acompañado pola delegada do executi

Ademais de pasar por este instituto vilalbés, Vázquez tamén se achegou polo IES Lois Peña Novo. Neste centro, e acompañado polo seu director, Javier Arias Quintero, realizou unha inspección de aquelas instalacións susceptibles de ser melloradas nas vindeiras datas.

Deste xeito, Educación tentará mellorar aquelas deficiencias para que os 273 estudantes, que están distribuídos en 20 aulas, poidan cursar os estudos de bacharelato, educación secundaria para persoas adultas, ciclos formativos e programas de cualificación profesional inicial nas condicións idóneas.
O responsable autonómico anunciou que “para todos eles e para o corpo docente do centro están orzamentados preto de 115.000 euros destinados a diversas obras de mellora”.

Polo tanto, continuarase coa reparación da cuberta de pizarra, actuación á que se unirán a substitución do falso teito nalgúns dos módulos, así como o cambio nos talleres da cuberta de metal por unha de panel sandwich. Ademais, está prevista a construción dun muro de contención e a súa correspondente soleira que permitirá aos estudantes acceder directamente ás aulas de formación, sen ter que facelo a través doutros módulos. Do mesmo modo, con esta mellora os vehículos poderán acceder directamente a estes módulos. Asemade, a soleira xa existente será impermeabilizada cumprindo coa normativa de residuos en vigor. realizou ao longo desta mañá unha visita ás instalacións de distintos centros educativos

Mellora do pavillón do CEIP Nº 1 de Cervo

Posteriormente, o titular de educación da Xunta de Galicia visitou o CEIP Nº1 de Cervo, anunciou que se investirán trescentos mil euros nas obras de ampliación e remate do pavillón polideportivo do CEIP Nº1 de Cervo.

Ademais, Vázquez Abad aproveitou para visitar as obras xa feitas de adaptación e accesibilidade a minusvalidos, e así como a ampliación e marcado de prazas de aparcamento. Durante a súa estancia neste recinto escolar estivo acompañado por María do Carmen Fernández Sanjurjo, directora do centro no que están matriculados 98 alumnos e alumnas en 3 unidades de educación infantil e 3 de primaria. Tras a visita Vázquez Abad trasladouse á Casa do Concello de Cervo onde mantivo un encontro co alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.

Durante a súa visita o conselleiro, estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo. Vázquez Abad recordou que con todas as accións desenvolvidas e previstas de execución Consellería continúa a demostrar a súa implicación na mellora das instalacións educativas que teñen como único obxectivo dar o mellor servizo á comunidade educativa.

Sociedade