Educación suprime o CIFP de Fene pero crea outros sete novos para o vindeiro curso

Educación suprime o CIFP de Fene pero crea outros sete novos para o vindeiro curso

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Consellaría de Educación promete un “desprazamento mínimo, incluso nulo” que non causa “ningún prexuízo ao alumnado nin ás súas familias”, de resultas da transformación de sete institutos do país en Centros Integrados de Formación Profesional. Os estudantes de secundaria distribuiranse en “centros da súa contorna” promete a Xunta, que vai realizar o troco de funci&oacu

O decreto para a creación dos novos centros integrados de FP e a nova oferta de prazas publicarase “nos vindeiros días”, anunciou a Xunta, asegurando que xa tratou a cuestión cos responsables dos institutos obxecto da mudanza de funcións. Arestora existen 11 instalacións desta clase, e no curso 2011/2012 haberá sete mais. Con todo, a conta resultante será de 17 e non de 18. O motivo, segundo explicou o director xeral de Educación, José Luís Mira, é que desaparece o centro integrado de Fene, “transformando por fusión o instituto nun único centro”. O vindeiro curso serán centros integrados o IES Manuel Antonio (Vigo), o Politécnico de Lugo, o Politécnico de Ferrolterra, o Coroso (Ribeira), A Xunqueira (Pontevedra), e o Portovello (Ourense).

A Consellaría salienta que por vez primeira no vindeiro curso as catro provincias galegas contarán con oferta de FP a distancia, con catro novos ciclos que se engadirán aos dous implantados no presente curso. Os centros que se converterán en integrados adaptaranse ás novas necesidades “nos meses de verán, para evitar calquera interrupción da vida académica”, promete a Xunta.

Todo o reordenamento, segundo o conselleiro Jesús Vázquez Abad, permitirá xerar 1.114 novas prazas máis en cidades e grandes vilas. Na modalidade a distancia, pasaríase de 100 a 400 prazas no próximo curso. Prometeu ademais 166 “novos currículos en réxime presencial en 86 centros de FP, e 30 novos ciclos formativos en 22 centos”. Vázquez Abad asegurou que con esta remuda e os Programas de Cualificación Profesional Inicial vaise “reducir o fracaso e abandono escolar”.

Sociedade