Efectividade contra intensidade

Efectividade contra intensidade
07 de Outubro, 2019 - 11:14 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote 0 – 2 Perlío. Diego Calvo (27´) e Rubén Varela (65´m ) marcaron os goles do equipo visitante. Partido de rivalidade local na Segunda Galicia de fútbol, xogado na mañá do domingo.

ESCOITA O PODCAST:
O Pote 0 - 2 Perlío

“Desde o comezo tentábamos levar o ritmo do encontro, pero O Pote nolo puxo moi dificil, presionando con moita intensidade e cando queríamos elaborar o xogo, xa tíñamos a dous xogadores do equipo rival enriba” afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. O primeiro gol deunos un pouco de calma pero O Pote seguiu presionando e con moita intensidade.

“Competimos e fomos iguais ou superiores en posesión do balón, ocasións de gol, balón parado e marcaxe de xogadores clave, pero eles gañaron en efectividade” salienta o técnico do Pote Manuel Freire. O segundo gol chegou nunha xogada moi ben elaborada que non soupemos frear. Pouco antes o noso porteiro metera unha man moi boa e lograra sacar un tiro dende fora da área que levaba moito perigo.

A vindeira xornada o Perlío recibirá ao Meirás e O Pote visitará ao San Sadurniño.

Deportes

Publica o teu comentario agora