El Gran Wyoming volve ao Fenerock

El Gran Wyoming volve ao Fenerock

03 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

El Gran Wyoming volve este ano ao Fenerock. O festival preparou un programa de luxo ao cumprir a súa décima edición. Coincidirá este ano co venres 14 e sábado 15 de setembro no paseo marítimo de San Valentin en Fene (A Coruña).

2 lendas do rock nacional súmanse á festa do X FeneRock na noite do venres. Sherpa (baixo e voz de Barón Rojo) e Julio Castejón (guitarra e voz de Asfalto) xuntanse na xira "Historias Gemelas" con parada no FeneRock. Tocarán en San Valentin o venres 14, xunto con Ültima Experiencia e Bulldozzer. Xa o sábado 15 actuarán no Fenerock, No quartet, Natural Green e Trogloditas. Como traca final, tocarán El Gran Wyoming y Los Insolventes.

O Fenerock naceu no 2003 como unha homenaxe a Félix Garcia Beceiro, musico local falecido naquelas datas. A edición do 2011 xa contou coa participación do "doutor Monzón" quen se amosou gratamente impresionado pola organización e polo ambiente. Neste 2012 volverá a San Valentín.

 

Sociedade