El sueño de Morfeo encabeza o cartel das Festas de Ferrol 2010

El sueño de Morfeo encabeza o cartel das Festas de Ferrol 2010

30 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

El Sueño de Morfeo, Los Suaves, La Guardia, El Viejo Caracol, Coque Malla ou Efecto Mariposa. Estes son algúns dos artistas que conforman o cartel das Festas de Verán de Ferrol. Unhas festas que se celebrarán durante doce días, do 20 ao 31 de agosto, e que terán como pregoeiro ao actor ferrolán Iago García, coñecido pola súa participación en series como Matalobos ou Amar en Tiempos Revueltos. O día 20 de agosto, e dende o ba

Programa:

Día 20 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Armas farase a Lectura do pregón a cargo de Iago García (Ferrol, 1979). As 22 horas,na Praza de España, concerto dos asturianos El Sueño de Morfeo. Raquel del Rosario, Juan Luis Suárez e David Feito presentarán en Ferrol o seu último traballo discográfico, “Cosas que nos hacen sentir bien”.

Día 21 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España. Actuación musical de La Excepción, grupo madrileño de rap.

Día 22 de agosto, ás 18 horas, na Praza de Armas. Gran festa infantil para os máis pequenos da casa. Ás 22 horas, na Praza de España, actuación de Nova Galega de Danza.

Día 23 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España, Festival Hip Hop con catro grupos de recoñecido prestixio no panorama nacional.

Día 24 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España. Subirá ao escenario D´Nash, agrupación que fixo o seu debú co disco “Capaz de todo” e que alcanzou a súa fama principalmente pola súa participación no festival de Eurovisión de 2007, cando representaron a España co tema “I love you mi vida”.

Día 25 de agosto, ás 22 horas, na Praza de Amboage. A protagonista será a Orquestra Jerusalén.

Día 26 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España. Actuación de Los Suaves, banda ourensá creada a finais dos anos 70 e que o pasado ano fora elixido polos cidadáns en segunda posición para actuar nas festas de verán, algo que non foi posible toda vez que non estaban de xira.

Día 27 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España. Actuación de El Viejo Caracol, que este ano acadou o segundo posto na listaxe de preferencias dos ferroláns e ferrolás para o cartel das festas de verán.

Día 28 de agosto, ás 22 horas, na Praza de España. Concerto de Coque Malla, ex integrante de Los Ronaldos, con quen gravou discos como “Los Ronaldos”, “Saca la lengua”, “Sabor salado” ou “Idiota”, entre outros e de quen se separou no ano 1997.

Día 29, ás 20,30 horas, e con escenario pendente de confirmar. Festival de Rondallas. Nel participarán Bohemios, Sonidos del Alba, Añoranzas e a rondalla do Club de Campo.

Día 30, ás 20 horas, na Praza de Amboage e en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente. Santiago Castillo Club ofrecerá un singular espectáculo: En clave de sol, baseado en concertos posibles grazas á xeración de enerxía xolar e biomotriz.

Día 31 de agosto, ás 21 horas, no Peirao de Curuxeiras. As festas de verán de Ferrol pecharanse cunha gala musical e a tradicional sesión de fogos de artificio de San Ramón. Gala na que actuarán Efecto Mariposa, La Guardia, Lucía Pérez e M3.

Sociedade