Elaborar o pan como se facía antes

Elaborar o pan como se facía antes

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un obradoiro que se impartirá durante dous fins de semana consecutivos en Redondela permitirá aos participantes elaborar pan biolóxico na casa. O curso está organizado polo Sindicato labrego galego e será impartido polo biólogo e panadeiro-bio non profesional, César Lema. De xeito intensivo os asistentes adquirirán coñecementos teóricos e prácticos que lles permitirán preparar pan de centeo, pan de trigo de Castela e

Aprenderáselles ademais a traballar con fermento (lévedo nai) e a conservalo nas mellores condicións así como as virtudes nutritivas do pan biolóxico, procedente de cereais cultivados de maneira ecolóxica.

O obradoiro desenvolverase esta fin de semana e os días 14 e 15 de febreiro. O horario do curso é de 16:00 a 20:00 horas os sábados e de dez da mañá a sete da tarde os domingos. Impartirase na aula de cociña da Casa do Mar na Marisma e, no caso de que o tempo o permita, empregarase unha cociña solar elaborada cun parasol de automóbil.

Sociedade