Elas xestionan o esforzo

Discalzas 1- Cultural Maniños 3
12 de Novembro, 2019 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños de Futbol 7 contribuía no último encontro a que o futbol feminino fenés ocupe un lugar privilexiado na competición feminina de copa. As do Maniños son segunda a tres partidos do final.

ESCOITA O PODCAST:

Goles de Cris, Sheila e Yoli. Tres tantos que valen tres puntos máis ao Maniños na súa carreira pola copa feminina. O técnico David Montero recoñece en favor das rivais que o Discalzas ten á porteira lesionada e tivo que tirar dunha xogadora que non é gardameta. O Maniños tivo o encontro controlado en xeral, aínda que se relaxou un pouco unha vez tiña metidos dous goles e “asegurado” o encontro. O primeiro foi obra de Cris quen finalizou unha xogada que arrancaba desde a área. O segundo tanto veu dunha combinación de Cris con Sheila no minuto 16. No minuto 35 chegou o gol do Discalzas. O técnico David Montero explica que en parte é lóxico porque "elas son as que xogan e as que xestionan as súas forzas".

Xa polo minuto 43 Yoli marca o terceiro do Maniños. Un saque largo da portería que Rebe lle cede a Yoli. E xa está o resultado. O Maniños feminino de futbol 7 mantense na segunda posición empatado a puntos co Galicia de Caranza. O domingo recibe a As Pontes, un rival difícil, que foi de menos a máis, en palabras de David, que parte dun merecido terceiro posto na clasificación. O Maniños, con Sheila lesionada para 10 dias polo menos, sairá como sempre a por todas. En principio, o encontro xógase no campo do Pote o domingo 17 de novembro ás 12 do mediodía.

(Na imaxe, Lucía, a capitana do Maniños)

Deportes

Publica o teu comentario agora