A elegancia de Verlaine, segundo Pablo Neruda

A elegancia de Verlaine, segundo Pablo Neruda
27 de Decembro, 2018 - 01:49 h. | Publicada por Radio Lugo

Verlaine ten forza e elegancia, é enorme como a Edade Media” afirmaba Pablo Neruda. “Sempre o estou lendo, desde a adolescencia. Ë un poeta moderno e principesco. Todos os sentimentos están nel. Relátanos unha Francia infinitamente fermosa e abundante, de lembranzas, augas, construcións e poesía” indicaba o escritor, premio Nobel de literatura, en conversa co xornalista e escritor Ramón Chao. 

 

ESCOITA O PODCAST:
Libro de Pablo Neruda na biblioteca municipal Pérez Parallé de Fene

Ramón Chao escrebeu varios libros inesquecibles. Foi tamén, en París director de Radio France Internationale e correspondente do semanario Triunfo. Ao longo desas experiencias coñeceu a numerosos creadores. Entroutros, encontrouse co poeta Pablo Neruda (1904-1973). Emitiu a conversa no programa Las grandes voces de América Latina e cedeu este espazo para a súa emisión en Radio Fene en 1985.

Cultura

Publica o teu comentario agora