A elegancia do ourizo, éxito nos clubs de lectura

A elegancia do ourizo, éxito nos clubs de lectura

15 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Un conto moderno, refrescante e intelixente”. Definiu así Le Figaro a novela A elegancia do ourizo de Muriel Barbery, que está a causar furor nos clubs de lectura. O libro saiu do prelo en Francia no 2006, causando sorpresa no mundo editorial polo millón de exemplares vendidos antes dun ano. Editorial Galaxia presenta a versión en galego.

A elegancia do ourizo conta a historia de Renée, a porteira dun edificio do París burgués. Viúva, cativa e laida, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos finchados que moran na veciñanza. E a de Paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. Cando faga trece anos, ten pensado suicidarse.

 

Muriel Barbery naceu en Casablanca (Marruecos) en 1969. Foi profesora de filosofia pero na actualidade vive en Kioto (Xapón). A súa primeira novela Une gourmandise é unha crítica gastronómica á procura dun gusto descoñecido. A elegancia do ourizo xa foi traducida a máis de 50 linguas. Muriel afirma reler continuamente Guerra e Paz e confesa o seu namoramento do Xapón, a onde se trasladou a vivir grazas aos ingresos do seu éxito editorial.

Cultura