Elena Zernova presenta a obra de Curros Enríquez verquida ao ruso

Elena Zernova presenta a obra de Curros Enríquez verquida ao ruso

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Se cadra en Galicia non se le todo o que se debera, mais si se poñen os medios para que o que aquí se escribe chegue ás audiencia máis amplas. Así por exemplo, a obra de Manuel Curros Enrique ven de ser traducida ao ruso. A antoloxia presentaráse ás 7 desta tarde na Real Academia Galega da Coruña.

O presidente da Academia Xosé Ramón Barreiro intervirá na presentación, xunto co secretario Manuel González, a concelleira de Cultura herculina María Xosé Bravo, ademáis da autora da traducción e máis do prologuista Xose María Paz Gago.

 

 

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, que forma parte de rede de centros e lectorados no exterior xestionados por Política Lingüística, saca á luz o tomo número trece da súa Antoloxía da literatura galega, que xa conta con obra traducida ao ruso de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Castelao, entre outros.

 

 

A profesora Elena Zernova, directora do Centro ruso encargouse da edición desta obra que, segundo o autor do prólogo, José María Paz Gago, lles permitirá aos lectores rusos apreciar a “inspirada poesía de Manuel Curros Enríquez, poesía civil de alento progresista e social, sen perder o seu ton intensamente lírico, anunciadora do proceso creativo que vai do discurso poético romántico á poesía simbolista”. Trátase dos poemas de Aires da miña terra, O divino sainete e outros poemas soltos.

Elena Zernova presentará hoxe publicamente na Coruña esta nova tradución ao ruso, que se suma aos doce tomos xa editados doutras traducións de obras da literatura galega.

Cultura