"Embárcate con Vigo", unha forma de coñecer a ría en catamarán

"Embárcate con Vigo", unha forma de coñecer a ría en catamarán

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A ría de Vigo abre as súas portas a todos os que a queiran coñecer. Nesta ocasión cunha nova iniciciativa impulsada polo Concello de Vigo e a Axencia LOA. Descubrir os segredos da ría montados nun catamarán é o obxectivo do "Embárcate con Vigo", no que o visitante poderá desfrutar das paisaxes que nos ofrece a ría e tamén de toda a historia que agocha o mar e a cidade. A actividade organízase tódalas fins de

O "Embárcate con Vigo" mostra moito máis que a ría de Vigo. A paisaxe e a historia da cidade teñen un protagonismo especial. O obxectivo é que o visitante poida coñecer o pasado e o presente da ría grazas a esta viaxe en catamarán. A viaxe parte do porto de Vigo e chega ata a Illa de San Simón, colonia de enfermos e presos políticos noutrora. 

O barco poderá collerse tódolos sábados e domingos deste verán ás 11:00 e ás 17:00 horas, cunha duración da viaxe de máis de tres horas e uns prezos que roldan os 15 euros. 

Cultura