As embarcacións que facían a langosteira

As embarcacións que facían a langosteira

11 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Saían ao mar 2 veces por semana no verán. Lanchas de Maniños, Perlío e Barallobre pescaban na zona do Prioiro, na costa de Ferrol, langostas e cangrexas ou centolas e logo vendiannas na Coruña. Para a langosta utilizábanse unhas nasas que se botaban ao mar cunha pedra e unha boia. Como cebo poñíase un trozo de xiba morta ou calquera cousa que valera pouco. As langostas entraban na nasa e logo non acertaban a sair.

Unha vez rematada a faena no mar de fóra, na costa de Ferrol nas inmediacións do Prioiro, as embarcacións ian ao porto da Coruña, vender o produto. Francisca Saavedra Ramil, tiña a comezos do século XX, na ribeira de Maniños, tenda e bar. Ademáis posuia embarcacións que se adicaban á langosteira e ao transporte de pedra desde a canteira do Vispón a calquera punto da ría. O seu neto Francisco Vizoso lembra que cando unha familia era moi pobre ou atravesaba unha dificil situación económica dicíase que "só comen vieiras".

Sociedade