Emir Kusturika e Fanfare Ciocarlia encabezan o Reperkusión 09 desta fin de semana

Emir Kusturika e Fanfare Ciocarlia encabezan o Reperkusión 09 desta fin de semana

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Na sétima edición do festival Reperkusión chega un grande das artes o internacionalmente coñecido: Emir Kusturica e a súa banda The No Smoking Orchestra. O cineasta, actor e músico serbio transportará as beiras do Arnoia os ritmos e ambientes de películas coma Underground; Gato Negro, Gato Blanco ou El tiempo de los Gitanos. Será este v

Aos gañadores dos Worl Music Awards únenselles a GigoElectro Brass, unha banda formada pola Gigoletto Brass, ventos de Muchachito Bombo Infierno entre outros; Manelillo percusionista de La Kinki Beat e Ale Acosta mesturador e produtor que traballou con Enrique Morente, Chambao ou Mojo Project, entre outros.

Tamén estarán a revelación dos festivais galegos, A Tuna Rastafari, xunto con un descubrimento: os franceses Funky Style Brass que proporán un espectáculo de festa e humor e moito baile. Completan a noite o recoñecido Dj Floro e Mr. Fishman a.k.a. Dr. Think

Durante o día, o Reperkusión, atrae a artistas chegados de toda Europa para o Encontro de Artes do Circo e a Rúa que xa leva cinco edicións: malabaristas, clowns ou equilibristas dánse cita para participar en obradoiros, exhibicións e campionatos.

Ademais de batucadas, pasarrúas espectaculares, marching bands, grupos de jazz, de música africana ou brasileira poñen a banda sonora nas rúas; e obradoiros variados, exhibicións ou monicreques farán as delicias de toda a familia.

Cultura