A empatía coa veciñanza

"Prometer menos e comprometerse máis" é o lema da candidata do PSOE á alcaldía de Fene
03 de Maio, 2019 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

Mar Piñeiro Otero imita co seu avó que estaría moi orgulloso, afirma a candidata, de vela presentarse a estas eleccións.

ESCOITA O PODCAST:

Presentamos hoxe á candidata do PSOE á alcaldía de Fene nas próximas eleccións municipais. Chámase Mar Piñeiro Otero, é veciña de Maniños, arquitecta técnica e avogada, con experiencia na administración local e en formación de equipos de alto rendemento. O número dous da lista, Antón Noceda, di dela que ademais dunha persoa moi formada, é " unha persoa cordial, moi boa xente e coa que é moi facil falar" . A nova candidata amosouse moi agradecida ao PSOE pola confianza que depositaron nela.

No seu talante non está prometer o que non pode. O seu lema é “ Máis que prometer, hai que comprometerse”. Así que a candidata socialista á alcaldía de Fene comprométese a garantir uns servizos fundamentais á veciñanza que lles proporcionen benestar (cita, luz, a auga, un acceso decente á vivenda e a internet) e a partir daí mirar polo que hai dentro das casas, xente maior, mocedade e crianzas por cuxas necesidades hai que traballar. E todo isto practicando a transparencia, a cercanía e a empatía coa veciñanza.

Escoitade quí a entrevista con Mar Piñeiro Otero, a candidata socialista á alcaldía de Fene, nas eleccións do 26 de maio. Nunha semana empeza a campaña electoral.

Institucional

Publica o teu comentario agora