Empatía e sensibilidade

Empatía e sensibilidade
16 de Xuño, 2020 - 10:51 h. | Publicada por Radio Fene

Rogelio Arias - Roger de Flor- volverá con Strange Mystery Flower adicado a William Blake que quedou conxelado pola Covid19, pero tamén con novos proxectos cociñados no confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

Sensibilidade e empatía respírase no traballo musical que Rogelio Arias coa súa irmá Amparo fixeron no disco “Strange Mystery Flower”. Dez poemas do autor inglés William Blake musicados e cantados por eles. “Cando o presentamos en Inglaterra, nun festival que xira arredor de William Blake, cumplíronse todas as nosas expectativas. Coñecimos xente moi especial. Dixéronme que o meu acento era exótico” bromea encantado Rogelio.

A inspiración xurdiu hai cinco anos cando cae unas mans do músico de Limodre un libriño titulado “ Cancións de inocencia e experiencia”. Mercou unha antoloxía do poeta inglés e levouna consigo nunha viaxe por Italia. Á volta tiña máis de vinte poemas musicados. “A conexión foi brutal e inmediata”. Amparo, filóloga e profesora de inglés, puxo o seu coñecemento do idioma de Schakespeare ao servizo do disco, no que tamén canta como solista ou facendo coros. Así foi como William Blake pasou de ser un descoñecido a ter dous fans incondicionais. “Blake fala da conexión do ser humano coa natureza e á vez era un ser comprometido, moi crítico coa sociedade que lle tocou vivir” engade Rogelio Arias quen destaca como beleza e mordacidade dánse a man nos seus escritos.

A presentación deste traballo “Strange Mystery Flower” no que colaboran moitos músicos amigos, quedou conxelada a causa da Covid19 porque tiveron só tres meses para dalo a coñecer. Roger veu como tiñan que cancelarse concertos en Madrid, As Illas Canarias, Baleares, Galicia… Durante o confinamento Roger de Flor non se parou e está rematando novos proxectos e reubicando actuacións para os meses de agosto e setembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora