Empate con polémica

Empate con polémica
15 de Outubro, 2018 - 11:04 h. | Publicada por Radio Fene

"Estou moi satisfeito do traballo dos xogadores" afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa. O equipo do Pote empatou (2-2) co Carral con dous goles saidos da velocidade, habilidade e o criterio de Carlos. O segundo gol foi moi protestado polos xogadores do Carral que alegaban que o balón non traspasara a liña de meta.

ESCOITA O PODCAST:
Minuto de silencio en Maniños na memoria dos xoves de Cedeira mortos en accidente de tráfico o sábado

"O equipo sae a dalo todo e a afección séntese identificada cos rapaces" suliña o técnico. A próxima xornada o Maniños visita ao Sporting Cambre, o último clasificado. "Nesta categoría o último pódelle gañar ao primeiro".

Deportes

Publica o teu comentario agora