Empeza con bo pe

Empeza con bo pe
09 de Marzo, 2020 - 10:21 h. | Publicada por Radio Fene

Ortigueira 1- Barallobre 3. Invicto contonúa o Barallobre no arranque da segunda volta.  Próximo reto, a visita a Vilarmaior, un equipo que se lle resiste.

ESCOITA O PODCAST:

O Barallobre non coñece a derrota. Só un empate empañou o gran traballo na primeira volta da liga. Onte voltou de Ortigueira cun resultado de 1-3 ao seu favor. " O balón non quería entrar"  segundo relata o segundo adestrador do Ramo, Víctor Domínguez. De feito adiantouse o Ortigueira ata que Caruncho marcou o gol do empate. Rubén puxo o segundo antes do descanso. Faltaban once minutos para o final cando sentencia Brais co terceiro tanto.

Recoñece Víctor Domínguez que lle tiñan medo a este encontro. O Barallobre descoñece a derrota de momento. Encabeza a clasificación con 27 puntos. Pisándolle os talóns, o Capela con 26. Así que non poden despistarse. O domingo toca visita ao municipal de Vilarmaior.  En palabras de Domínguez, un campo difícil no que foron incapaces de gañar nas tres ocasións que o pisaron.

Deportes

Publica o teu comentario agora