Empezan con bo pe

Eume Ddeportivo 0- Perlio 3
18 de Decembro, 2019 - 08:59 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío empezou con bo pe a liga, gañando fora de casa. O domingo nos Pinares reciben ao Maniños, nun derbi antes do parón do Nadal.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío pensa facerlle frente ao Maniños no derbi do domingo, sabendo que son un dos mellores conxuntos aos que debe facer frente nesta liga, pero daránno todo por gañar. Como gañaron na primeira xornada de liga ao Eume deportivo na Gándara de Pontedeume. Eume 0- Perlío 3. Así acabou o marcador nun encontro no que as de Perlío entraron frías porque o encontro empezou con 45 minutos de retraso a causa da indisposición dun árbitro e non houbo ocasión de quencer. Na primeira parte abusaron de balóns longos e aínda que chegou o primeiro gol, no descanso o técnico Juanjo Lorenzo correxiu o que non lle estaba gustando. Na segunda parte xogaron con máis tranquilidade, elaborando máis as xogadas, con máis control do balón. Así chegaron dous goles máis. Dous goles foron de Noe e un de Sabela.

Deportes

Publica o teu comentario agora