Empezan a ver a luz

Empezan a ver a luz
17 de Outubro, 2018 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

Os goles da capitana Lucía e de Rebe poñen ao Maniños feminino na senda acertada. O Maniños quere gañar o domingo na casa diante da afección.

ESCOITA O PODCAST:

Fíxoo a costa do Capela ao que venceu a domicilio por dous goles de vantaxe, marcados pola capitana Lucía na primeira e Rebe na segunda parte. Capela 0- C. Maniños 2. Así rematou o marcador dun encontro no que foron superiores as fenesas cun xogo máis directo e un bo prantexamento dende o inicio do partido. O encontro foi seguido o sabado polo técnico do Perlío, equipo que descansou nesa xornada e que se enfrentará o próximo domingo precisamente ao Capela.

A victoria véulle moi ben ás xogadoras do Maniños para infundirlles confianza, afeitas como estaban a gañar todo. Pero o equipo non é o mesmo das últimas campañas. O novo técnico, Carlos Gómez, está a recompoñer o xogo que empeza a dar froitos. O próximo obxectivo é gañar na casa, fronte ao Discalzas o próximo domingo, dia 21 ás 11:30 horas.

Deportes

Publica o teu comentario agora