Empezar de cero coa mesma intensidade

Mugardos B 0- Perlío 2
25 de Novembro, 2019 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío acabou a primeira fase da liga con outra victoria sobre o Mugardos B. Agás un empate co Numancia, o equipo de Piñeiro gañouno todo.

ESCOITA O PODCAST:

“A primeira fase foi espectacular” recoñece humildemente o técnico do Perlío, Chechu Piñeiro, quen recorda que todo foron victorias agás un empate co Numancia. "O rendemento foi moi bo", conclúe.

No último encontro Mugardos B 0- Perlío 2 ningún deles se xogaba nada pero non houbo relax senón un encontro moi serio. A pesar da tarde desapacible, os dous equipos metéronse no partido. Dani Varela foi o autor dos dous goles da victoria do Perlío. Agora empezarán de cero pero a intención é seguir coa mesma intensidade. Chechu Piñeiro, pensar pensa en subir a primeira, pero quere agardar a marzo ou abril a ver como marcha a cousa. Pelexar pelexarán polo ascenso. "Sería un gran colofón a unha gran temporada" afirma o técnico do Perlío.

Aproveitando o descanso na liga, o próximo domingo dia 1 de decembro nos Pinares xogarán os cuartos de final da copa contra o Cultural Maniños. Tamén queren a victoria.

Deportes

Publica o teu comentario agora