En coche, non no globo de Betanzos

En coche, non no globo de Betanzos

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No sitio do globo, a Praza García Hermanos de Betanzos acolle na media noite do sabado o sorteo do coche co que os comerciantes e empresarios da vila agradecen a fidelidade dos seus clientes na campaña " pode ser teu". O non vai máis sería o coche baixara en globo.

Os comerciantes de Betanzos celebran a campaña de verán do comercio, do 1 ao 27 de xuño.  A presidenta dos comerciantes e empresarios, Antonia Anido, explicounos que rifan un coche entre os clientes do comercio betanceiro que mercaron neste tempo nos establecementos. O resultado é moi positivo porque todos queren o premio. 
Os comercios participantes teñen un distintivo na porta para que os clientes saiban onde poden acceder ás rifas. Mañán sabado é o ultimo dia. O sorteo celebrarase ás 12,30 da noite nunha caseta onde se encontra a urna. Os participantes teñen que depositar as papeletas na urna durante todo o dia e logo deben estar presentes no sorteo, ás 12,30.
Para manter o suspense, a asociacion de comerciantes contratou unha orquestra para amenizar a noite na Praza garcía Hermanos.
O 1 de xullo empeza a temporada de rebaixas e os comerciantes de Betanzos teñen postas todas as espectativas nesa campaña porque ofrecen calidade e porque esperan recuperar agora o que non se vendeu na pretempada por culpa do mal tempo.

Sociedade