En defensa da educación

En defensa da educación

19 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A comunidade educativa de Fene convoca unha manifestación que partirá este luns as seis da tarde do cruce da igrexa. ANPAs, grupos políticos e sindicatos respaldan unha movilización que demanda da Xunta de Galicia o mantenemento do Centro Integrado de Formación Profisional de Fene e a conservación das prazas de profesorado nos Colexios Os Casais de Maniños e O Ramo de Barallobre.

En Barallobre deixanse de impartir o ciclo superior de Administración e Finanzas e o medio de Xesión Administrativa. Tamén desaparece o ciclo superior de Regulación e Control de Sistemas automáticos e o de Telecomunicacións. En conxunto terán que abandonar o que ata agora era Centro Integrado de Formación Profisional de Barallobre arredor de 20 profesores e 80 alumnos. Trátase do único CIFP que se suprime en Galicia.

A Consellería de Educación tamén anunciou a súa intención de suprimir no colexio Os Casais de Maniños unha praza de profesora de Infantil, 2 de primaria, a de Francés, a orientadora e a especialista en Audición e Linguaxe, que compartía co Ramo. Segundo a ANPA, esta decisión incumpre acordos anteriores da Xunta nos que se indicaba que non se suprimen unidades cun mínimo de 12 alumnos e alumnas. A supresión de mestres tamén afecta ao colexio O Ramo de Barallobre.

O Concello de Fene acordou o pasado venres por unanimidade instar á Consellería de Educación ao mantenemento do CIFP de Fene coas características actuais. O pleno insta á Consellería a manter a oferta educativa de ciclos medios e superiores. Todolos grupos políticos pidenlle que reconsidere a reducción do profesorado nos colexios do Ramo e Os Casais e a adopción de medidas para potenciar estes colexios. Na moción aprobada por unanimidade, o pleno pide que se cumplan os acordos asumidos no Consello Escolar Municipal, aprobados no pleno de Fene do 13 de xaneiro deste ano.

Sociedade