En defensa do Poleiro, en defensa do mosteiro

En defensa do Poleiro, en defensa do mosteiro

29 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Celanova vive un debate arredor do seu mosteiro. Os veciños da vila ourensá rexeitan a conversión do cenobio, instituto e concello nun hotel de luxo. Agora sae á luz un libro colectivo “En defensa do Poleiro” publicado pola editorial Toxosoutos e coordenado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, membro da Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova. A publicación, coa que colabora a Asociación de Escritores en Lingua Gal

Entre as firmas máis destacadas están as de Xosé Neira Vilas, Darío Xohán Cabana, a do catedrático Xesús Alonso Montero ou a de Baldo Ramos, o único escritor de cantos participan na publicación que cursou parte dos seus estudos no IES de Celanova.

O mosteiro, que acolle na actualidade a casa consistorial e o IES de Celanova, quere transformalo o rexedor da vila nun hotel de luxo auspiciándose nos numerosos postos de traballo que xeraría esta construcción. A cidadanía amósase contraria a este proxecto, na edificación emblemática da vila ourensá. Cando falamos de Celanova falamos de mosteiro, sinala Domínguez Alberte. “O Instituto de Celanova foi o alicerece de 62 escritores galegos. A maltreita economía da vila vén de lonxe e non se pode solventar a costa do mosteiro”, explicou. A construcción dun hotel suporía unha autentica aberración e un atentado público contra a tradición secular do mosteiro de Celanova, o ben público dos celanoveses e celanovesas.
 
Ás numerosas protestas para impedir o traslado do instituto de Celanova a mans privadas súmase agora o libro “Pola defensa do Poleiro”. Un berro, alto e forte, en defensa do símbolo patrimonial de toda unha vila.

Sociedade