En Fene gañou a coroa

En Fene gañou a coroa

06 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno do concello de Fene non se pronunciou onte por un referendum, no que os cidadáns voten monarquía ou república. A abstención do PSOE por non concordar cunha parte da moción conxunta de EU e BNG, provocou que quedase en minoría. Así que ao producirse un empate entre estas dúas forzas e o PP (seis a seis) o voto de calidade do alcalde, levou a que a proposta fose rexeitada. Falta de cálculo, de consenso, o que sexa pero o certo é

A Moción urxente que asinaban conxuntamente EU e BNG foi rexeitada co voto de calidade do alcalde no pleno que a corporación de Fene celebrou onte á tarde. Gumersindo Galego inclinóu a balanza contra a petición dun referendum que decida se os cidadáns queren monarquía ou república. A abstención do grupo municipal socialista provocou que os seis concelleiros-as de Bloque e EU empatasen cos seis do PP e fose o alcalde o encargado de desfacer o empate.
Semella difícil de crer porque os tres grupos da oposición son maioría pero o PSOE, que sí votaría a favor do referendum, non aceptou a enmenda que engadíu o Bloque á moción de EU. Un parágrafo que defendería, no marco dunha reforma constitucional, o dereito dos pobos a decidir.  Os socialista non pasaron pola Autodeterminación. Non se entenderon e a Moción foi rexeitada.

O pleno sí aprobou, coa abstención do PP, unha iniciativa do BNG que demanda que a Xunta non demore as tramitacións da RISGA porque as familias que a solicitan están nunha situación de extrema emerxencia. Juventino Trigo aludíu ao valedor do Pobo e a Cáritas para afirmar que a pobreza xa alcalza ao 22,1% da poboación e que 30.000 fogares non perciben ingresos. Os nacionalistas demandaron un incremento das axudas e máis rapidez á hora de repartilas porque a lei marca dous meses de retraso como máximo e se está chegando a seis e oito meses. Tanto o grupo do POSE, que calificou áXunta de rácana en temas sociais, como EU apoiaron a moción. O PP abstívose porque, segundo Rocío Bértoa, a Xunta xa aumentou os recursos da Risga nun 21,4% no 2014 e porque todas as persoas que reúnan os requisitos, van percibir os cartos.
O PLENO REMATOU con numerosos rogos e preguntas.

Sociedade