En forma durante o verán

En forma durante o verán

27 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova edición da Ximnasia de Verán arrinca este luns, 1 de agosto, no Paseo Marítimo de San Valentín. Trátase dunha escola de actividade física e mantemento en xeral, dirixida a tódalas idades, para gozar do deporte ao aire libre.

A actividades desenvolverase do 1 ao 31 de agosto, na traseira do Pavillón da Xunqueira, os luns, mércores e venres laborábeis en horario de 9:30 a 10:30 h da mañá.

Para participar na mesma non se precisa inscrición previa, abonda con asistir ás clases no horario establecido. O interior do pavillón de San Valentín acollerá o desenvolvemento desta inciativa nos días de choiva. 

Sociedade