En Galicia morre máis xente de cancro de colon que nos accidentes de tráfico

En Galicia morre máis xente de cancro de colon que nos accidentes de tráfico

31 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No Dia europeo do cancro de colon coñecemos que Galicia está entre as primeiras comunidades autónomas en mortandade por esta doenza. No 2008 cobrouse a vida de 1036 persoas.

A Asociación contra o cancro lanza unha campaña para incentivar a prevención desta doenza que en Galicia se cobrou a vida, no ultimo ano, de 1036 persoas, sendo unha das comunidades autónomas que van na cabeza da mortandade por esta doenza. Máis mortos que por causa dos accidentes de tráfico, segundo a presidenta provincial de Pontevedra, da Asociación de loita contra o cancro, Mª José Crespo. 

A prevención é fundamental para evitar esta doenza así como pasar revisións periódicas. O máis asequible é seguir unha dieta sana e equilibrada, facer exercicio físico, e evitar o consumo excesivo de alcohol e o tabaco. Mª José Crespo.
A campaña da Asociación contra o candro deste ano incide moito na importancia de promover as probas de detección da enfermidade a través dos médicos de cabeceira.

Sociedade