En lembranza de Pepe Baña e do “alemán de Camelle”

En lembranza de Pepe Baña e do “alemán de Camelle”

10 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Cunha visita ás esculturas realizadas por Manfred Gnädinger na costa de Camelle finalizou o roteiro organizado pola Asociación Naufraxios Galegos nesta vila mariñeira. O Concello de Camariñas e máis a entidade descubriron ao mediodía unha placa de homenaxe ao profesor Pepe Baña Heim lembrado polo seu eficaz labor pedagóxico durante décadas.

A xornada incluiu unha visita ao Museo de Man cunha amena explicación sobre a obra artística e o pensamento filosófico do home falecido en decembro do 2002. Informacións sobre os naufraxios de máis zona acaecidos nas inmediacións de Camelle tamén completaron un dia no que se lembrou que hai poucas décadas 48 barcos amarraban nese porto, cando hoxe tan só quedan 2.

Sociedade