A ENAC faculta á UPT da Central Térmica de As Pontes para realizar ensaios de carbón

A ENAC faculta á UPT da Central Térmica de As Pontes para realizar ensaios de carbón

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O laboratorio da Unidade de Produción Térmica (UPT) da Central Eléctrica de As Pontes conta coa competencia técnica para realizar ensaios de carbón, gracias a acreditación da ENAC segundo a norma UNE-EN-ISO 17025. Este documento chega despois dun proceso que se estendeu ao longo dos dous últimos anos e pon de manifesto a elevada cualificación do persoal do laboratorio, a corrección dos seus procedementos e a fiabilid

A importancia desta credencial é notable para o laboratorio, xa que, a partir de agora, poderá achegar datos con aval oficial relativos ao rendemento enerxético das instalacións, ás emisións de gases derivados da combustión e á calidade do carbón para os efectos de operacións de compravenda de mineral. De igual forma, este laboratorio está facultado para poder realizar ensaios para outras instalacións que precisen datos con validez ante a Administración Pública.

Ademais de traballar para conseguir unha mellora da eficiencia produtiva e ambiental da Central, a Unidade de Produción Térmica de As Pontes tamén desenvolve proxectos de innovación que están asociados a investigadores científicos das universidades galegas.

Esta credencial está avalada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), que é unha organización de utilidade pública, tutelada pola Administración. A súa misión consiste en examinar a competencia técnica dos organismos de avaliación (laboratorios, inspeccións técnicas de vehículos, entidades de certificación, consellos reguladores alimentarios etc.). O seu obxectivo principal radica en demostrar á sociedade que os produtos ou servizos reúnen os requisitos necesarios de calidade e seguridade. A acreditación outórgase despois dunha dobre inspección, primeiro de documentos, despois in situ do propio traballo que se desenvolve.

Sociedade